16 de junio de 2024

VISITAMOS O PARQUE DE BOMBEIROS E A HÍPICA LA MURALLA

 XA ESTÁ REMATANDO O CURSO E NÓS QUEREMOS FACELO CON DÚAS SAÍDAS NAS QUE APRENDEMOS SOBRE O OFICIO DE BOMBEIRO E SOBRE UN  ANIMAL O CABALO, DÚAS VISITAS MOI INTERESANTES E MOI DIVERTIDAS.












27 de mayo de 2024

LETRAS GALEGAS 2024

 ESTE ANO A AUTORA HOMENAXEADA NAS LETRAS GALEGAS É LUISA VILLALTA. DURANTE ESTE MES DE MAIO ESTAMOS A TRABALLAR SOBRE ELA , APRENDENDO COUSIÑAS DA SÚA CURTA VIDA.


TAMÉN, COMA SEMPRE FACEMOS NO NOSO CENTRO,  CELEBRAMOS ESTA FESTIVIDADE CUN CONCERTO , ESTE ANO  GOZAMOS COS BAILES DO GRUPO  PESDELÁN E COA MÚSICA DO SEU DISCO "BAILES DE CARNAVAL". TODO O ALUMNADO PREPAROU UN BAILE COA PROFE LOLA . 

COMO NOS DIVERTIMOS E QUE BEN BAILAMOS!!!


 

E POR ÚLTIMO  RECITAMOS AS POESÍAS QUE ESCRIBIMOS ENTRE TODOS E TODAS. FIXÉMOLO TAN BEN QUE NOS AGASALLARON CUN DIPLOMA E UN CONTO.



6 de mayo de 2024

COMO NACEN AS AVES?

 MÉRCORES 10 DE ABRIL HOXE VIÑERON AO COLE A ENSINARNOS OVOS DALGUNHAS AVES E ADEMAIS TEREMOS NO CENTRO DURANTE 21 DÍAS  UNHA INCUBADORA CON DIFERENTES OVOS PARA VER O SEU PROCESO DE MADURACIÓN.

CADA MÉRCORES IREMOS A OBSERVAR COMO VAI  A EVOLUCIÓN ATA QUE ...



MÉRCORES DÍA 17 DE ABRIL. HOXE VOLVEMOS AO LABORATORIO A VER COMO ESTABAN OS OVOS,  VÍANSE UNHAS VENIÑAS DO FUTURO PITIÑO, PERO ADEMAIS DISTO MOSTRÁRONNOS UN OVO MOI CURIOSO, NON ERA DE AVE, ERA DUN PEIXE          ( PREGUNTÁDELLE AOS VOSOS NENOS E NENAS ) . TAMÉN  VIMOS GALIÑAS, QUIRICOS, PASPALLÁS, PERDICES E UN PARECIDO A UN PAVO REAL PERO MÁIS PEQUENO (CAL SERÁ?) 

POR ÚLTIMO NO PATIO UNS CANS MOI AGUDOS RECOLLÍAN PAPEIS, BOTELLAS E ALGÚN XOGUETE QUE QUEDARA POR ALÍ.



E PASADOS OS 21 DÍAS...NACERON OS PTIÑOS, DE NOME "VILVERDIÑOS". QUE EMOCIONANTE!!!



29 de abril de 2024

SEMANA DO LIBRO

 O 23 DE ABRIL CELEBRAMOS O DÍA DO LIBRO. NO NOSO CENTRO PARA CONMEMORALO REALIZAMOS A ACTIVIDADE DE "APADRIÑAMENTO-AMADRIÑAMENTO LECTOR" NA CAL UN ALUMNO OU ALUMNA DUN CURSO SUPERIOR PREPARA UN CONTO PARA DESPOIS LER A UN NENO OU NENA DE NIVEL INFERIOR.  O ALUMNADO DE 4º B APADRIÑOU AO ALUMNADO DE 5 ANSO B, VIÑERON  BUSCARNOS A AULA E FOMOS LER UN LIBRO CON ELAS E ELES AO PATIO. FOI UNHA EXPERIENCIA MARABILLOSA. GRAZAS NENOS E NENAS




FESTA TEMÁTICA DE MÉXICO

 CELEBRAMOS A FESTA TEMÁTICA DE MÉXICO, ÚLTIMO PAÍS VISITADO.FOI UN DÍA ESPECIAL, CHEGAMOS AO COLE VESTIDOS DE MEXICANOS E MEXICANAS, DE MARIACHIS, DE CATRINAS, DE FRIDA  KAHLO, DE MIGUEL DE LA CRUZ.... ÉMPEZAMOS A MAÑÁ BAILANDO.

  DESPOIS A MAMÁ DE SERGIO E A SÚA TÍA CONTÁRONNOS MOITAS CURIOSIDADES DESTE PAÍS E TROUXÉRONNOS  COUSAS TÍPICAS PARA QUE AS TOCARAMOS E AS VÍRAMOS. TAMÉN NOS ENSINARON A CANCIÓN DA PIÑATA E O BAILE DA CUCARACHA. MOI INTERESANTE

CHEGOU A HORA DA MERENDA, TÍPICA MEXICANA, COMPARTIMOS NACHOS, GUACAMOLE, TORTILLAS....

POR ÚLTIMO,COMA NAS FESTAS MEXICANAS TOCOU ROMPER A  PIÑATA QUE ELABORAMOS TODAS E TODOS. 

REMATAMOS  VENDO A PELÍCULA DE COCO

 FOI UNHA  XORNADA MOI DIVERTIDA!!!

AGORA TOCA SEGUIR VIAXANDO E APRENDENDO,  IMOS  PARA  AMÉRICA DO SUR. 

BOA VIAXE NENOS E NENAS!!! 








22 de abril de 2024

TEATRO PINGÜÍN

 O PASADO MARTES FOMOS A AFUNDACIÓN VER A OBRA PENGÜÍN DA COMPAÑÍA EMPATÍA TEATRO.

NESTA REPRESENTACIÓN ABÓRDASE O TEMA AO QUE SE ENFRENTA CALQUER NENO OU CALQUERA NENA CANDO TEÑEN QUE COMPARTIR A ATENCIÓN E O CARIÑO DOS SEUS PAIS PORQUE VÉN UN NOVO MEMBRO Á FAMILIA. O NOSO PROTAGONISTA "BOBO" DEBE SUPERAR ESA PROBA, NON SEN ANTES VIVIR ALGUNHA AVENTURA.

FOI MOI DIVERTIDA!!!.




11 de abril de 2024

CONTACONTOS E OBRADOIRO CON ANEDIA

 ESTA SEMANA TIVEMOS NO COLE A RAQUEL QUEIZÁS PARA CONTARNOS A HISTORIA DE NANO, UNHA RÁ CON DIABETES E AS SÚAS AVENTURAS CO DOUTOR.

TAMÉN TIVEMOS A OUTRA COMPAÑEIRA DESTA ASOCIACIÓN PARA XOGAR CON NÓS A VER QUE ALIMENTOS E QUE BEBIDAS TIÑAN MÁIS OU MENOS  AZUCRE.

APRENDEMOS MOITO E XA SABEMOS QUE COUSAS COMER E BEBER E CALES NON!!!

VISITAMOS O PARQUE DE BOMBEIROS E A HÍPICA LA MURALLA

 XA ESTÁ REMATANDO O CURSO E NÓS QUEREMOS FACELO CON DÚAS SAÍDAS NAS QUE APRENDEMOS SOBRE O OFICIO DE BOMBEIRO E SOBRE UN  ANIMAL O CABALO,...