30 de enero de 2023

O NOSO XOGO DAS RAS_4 ANOS B

 SEGUINDO CO XOGO TRADICIONAL  NA CLASE, ENTRE TODAS E TODOS CONSTRUIMOS ARTESANALMENTE O NOSO XOGO DAS RAS. PRIMEIRO PINTAMOS AS CAIXAS, FIXÉMOSLLE OLLOS, PATIÑAS, E UNHA GRAN BOCA COMELLONA.

AS PELOTAS TAMÉN AS FIXEMOS NÓS, ASÍ TRABALLAMOS A MOTRICIDADE FINA.

 E DESPOIS DE TANTO TRABALLO ...TOCOU XOGAR



29 de enero de 2023

INVERNO 4 ANOS A

 Co fin do nadal e a chegada da nova estación tivemos que cambiar a decoración da nosa aula e ambientala moi invernal...fixemos entre todos un gran boneco de neve e pintamos paisaxes típicos de esta época...






Aproveitando estes días de sol que tanto necesitábamos saímos a xogar o patio e aprendimos a xogar a mariquitilla ou "rayuela".
Cada neno e nena fixo a súa e como poderes ver fixémolo xenial, xogando tamén repasamos os números e as formas.
Que vivan os xogos tradicionais!!!


ANIVERSARIOS XANEIRO

 Este mes tivemos a 5 compañeiros de aniversario: Roi, Leah,Chloe,Jorge e Carlota...son os primeiros da clase en cumplir 5 anos.

Tivemos a gran sorte de que as mamás viñesen a facer un bizcoito con nos e poder soprar todos xuntos as velas.

Mentres esperamos ansiosos que o bizcoito estivese feito fixemos uns experimentos con Lacasitos e contáronos un conto.

Foi un día xenial...gracias a todas por este día!!!




13 de enero de 2023

CONTACONTOS CON ISA A MAMÁ DE OLIVIA

 ISA, A MAMÁ DE OLIVIA VEU AO COLE A CONTARNOS O CONTO DE "EDELMIRO EL VAMPIRO", UN VAMPIRO AO QUE NON LLEGUSTABAN AS FROITAS E AS VERDURAS PORQUE NON AS PROBARA., ENTÓN ISA DOUNOS UNHA FROITA PARA VER SE A NÓS NOS GUSTABAN E... QUE RICAS ESTABAN, CON PEL E TODO!!!. GRAZAS ISA.




VISITA AO SALÓN DO LIBRO

 HOXELUNS FIXEMOS UNHA VISITA AO SALÓN DO LIBRO, ALÍ RECIBIUNOS A SÚA MASCOTA, XA A COÑECIAMOS PORQUE O OUTRO DÍA VEUNOS VISITAR AO COLE    ...